Román Rodríguez enxalza o traballo do Centro Cultural Partido de A Estrada a prol do fomento da cultura desde Arxentina

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades coñece a actividade deste grupo, acompañado polo seu director, Xosé Manuel Besteiro.

O centro, que proxecta a tradición histórica do concello da Estrada cara ao exterior, celebra neste 2023 o seu 80º aniversario.

  • Imaxe da visita do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades ao Centro Cultural Partido de A Estrada de Bos Aires
    Imaxe da visita do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades ao Centro Cultural Partido de A Estrada de Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 30 de outubro de 2023.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou o Centro Cultural Partido de A Estrada de Bos Aires, para coñecer de preto o labor que realiza esta institución “a prol do fomento da cultura, da identidade galega, do deporte e de distintas iniciativas sociais”, afirmou. 

No marco da súa visita a Arxentina, o responsable de Cultura non quixo perder a oportunidade de coñecer a estes galegos emigrados que, ademais, están de celebración: o Centro Cultural Partido de A Estrada cumpre 80 anos. A súa fundación, en 1943, foi froito da fusión da Unión Estradense e a Federación Agraria da Estrada en Bos Aires. Desde marzo deste ano conta cunha nova directiva, cuxo obxectivo é revitalizar a entidade, atraendo aos máis novos e potenciando actividades a favor da colectividade galega. 

O conselleiro, acompañado do seu director, Xosé Manuel Besteiro, coñeceu a actividade deste grupo que, ademais da súa intensa tarefa cultural, proxecta a imaxe e a tradición histórica do  concello da Estrada cara ao exterior. “Parabéns por seguir mantendo vivo o espírito da Estrada en Arxentina tras 80 anos comprometidos coa nosa cultura e tradición”, engadiu Román Rodríguez. 

O titular de Cultura, Educación, FP e Universidades tamén estivo no Centro Lalín, Agolada e Silleda da cidade arxentina, onde participou nos actos conmemorativos da festa da Nosa Señora das Dores. Na visita, celebrou o “espírito lalinense”, que segue vivo en Bos Aires grazas ao traballo desta institución con máis de 40 anos de historia. 

163 lecturas