Miranda presenta ao novo Director da Casa de Galicia en Madrid ás Entidades Galegas na capital española

No encontro analizáronse cuestións como a situación da colectividade na comunidade madrileña, as necesidades dos centros e o calendario das súas actividades para os próximos meses.

  • Miranda presenta ao novo Director da Casa de Galicia en Madrid ás Entidades Galegas na capital española
    Miranda presenta ao novo Director da Casa de Galicia en Madrid ás Entidades Galegas na capital española
  • Miranda presenta ao novo Director da Casa de Galicia en Madrid ás Entidades Galegas na capital española
    Miranda presenta ao novo Director da Casa de Galicia en Madrid ás Entidades Galegas na capital española
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 26 de setembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo cos representantes das entidades galegas en Madrid na que aproveitou para presentar ao novo director da Casa de Galicia na capital española, Juan Carlos Serrano.

A reunión, que se celebrou na propia Casa de Galicia, tamén se analizaron outras cuestións como as necesidades dos centros galegos na comunidade autónoma madrileña, a situación da colectividade e o calendario das actividades das entidades para os próximos meses.

Neste encontro estiveron presentes os representantes do Centro Gallego de Madrid, Xuntanza de Galegos en Alcobendas, Casa de Galicia en Alcorcón, o Club de Periodistas Gallegos en Madrid, o Centro Gallego de Tres Cantos, Federación de Asociacións Galegas en Madrid e a Asociacion Galega Corredor de Henares. Tamén asistiron responsables do Centro Gallego Noroeste de Madrid, da Asociación Cultural da Vieira, do Centro gallego de Mostoles, Casa Gallega de Fuenlabrada, Agrupación Artística Gallega Rosalía de Castro, Aegama e Asomega.

179 lecturas