O secretario xeral da Emigración participa nunha videoconferencia para fortalecer o irmandamento entre Chascomús e Lalín

A relación entre ambas localidades remóntase á época do presidente Alfonsín, neto de galegos que naceu en Chascomús e visitou Lalín xa como mandatario da República en xuño de 1984.

Antonio Rodríguez Miranda, na sede da Secretaría Xeral da Emigración na capital de Galicia
Antonio Rodríguez Miranda, na sede da Secretaría Xeral da Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de participar nunha videoconferencia con distintas autoridades galegas e arxentinas na procura de fortalecer e poñer en valor o irmandamento existente entre os pobos de Chascomús e Lalín. 

Neste sentido cómpre destacar que a relación entre ambas localidades se remonta á época de Raúl Ricardo Alfonsín como presidente da República Arxentina. Alfonsín, neto de galegos e que naceu en Chascomús en 1927, visitou Lalín como máximo mandatario do país suramericano en xuño de 1984, cumprindo así a promesa feita no seu momento ao Centro Lalín de Bos Aires de que se chegaba a presidente visitaría o Concello galego. 

Durante a videoconferencia -na que tomaron parte, entre outros, o delegado da Xunta de Galicia en Arxentina e Uruguay, Alejandro López Dobarro; o presidente do Centro de Lalín, Agolada e Silleda de Galicia en Bos Aires, José Luís Seoane; a concelleira de Educación, Cultura, Turismo, CIM e Igualdade de Lalín, Begoña Blanco; e o intendente de Chascomús, Javier Gastón-, permitiu afondar en diversas accións conxuntas que permitan realzar o mencionado irmandamento entre ambos municipios.  

Así, entre os temas abordados tratouse a posibilidade de realizar un intercambio de nomes de rúas de ambas cidades; fomentar intercambios virtuais entre institucións artísticas, de colectividades e histórico-patrimoniais; ou ampliar as relacións entre Lalín e Chascomús fomentando o dialogo para o emprendemento de novas accións conxuntas que fortalezan os lazos xa existentes. 

En imaxes
281 lecturas