Luis López destaca os "lazos indestrutibles e eternos" entre Galicia e Arxentina na homenaxe a Raúl Alfonsín en Ribadumia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra asiste á recepción ao embaixador arxentino, Ricardo Alfonsín, e á ofrenda floral ao expresidente neste municipio do Salnés.

Imaxe da homenaxe celebrada esta mañá no concello pontevedrés de Ribadumia
Imaxe da homenaxe celebrada esta mañá no concello pontevedrés de Ribadumia
Listen to this page using ReadSpeaker
Ribadumia, 29 de xuño de 2021.

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, destacou hoxe a existencia de "lazos indestrutibles e eternos" entre Galicia e Arxentina durante os actos de lembranza ao expresidente do país americano, Raúl Alfonsín, celebrados no municipio de Ribadumia.

O representante autonómico asistiu inicialmente ao acto de recepción oficial ao embaixador arxentino en España, Ricardo Luis Alfonsín, e posteriormente participou na ofrenda floral a Raúl Alfonsín no busto na súa honra emprazado neste municipio do Salnés.

"Arxentina é a nosa quinta provincia e a capital da galeguidade no exterior e por iso nos unen uns vínculos e uns sentimentos que son para sempre", sinalou o delegado territorial, que lembrou que milleiros de arxentinas e arxentinos teñen as súas raíces en Galicia, como é o caso de Raúl Alfonsín, cuxa familia é orixinaria da aldea de Casaldarnos, no municipio de Ribadumia.

"A Xunta de Galicia sempre estará presente nos actos vencellados aos países e lugares do mundo cos que temos sentimentos especiais e Arxentina ocupa un lugar preferente nese espazo das emocións dos galegos e galegas", significou Luis López.

708 lecturas