Rodríguez Miranda e Anxo M. Lorenzo asisten á inauguración da exposición “Materiais Seoane. Entre Galicia e Arxentina” no Museo de Arte Español Enrique Larreta de Bos Aires
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e do delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu na tarde de onte á inauguración da exposición Materiais Seoane. Entre Galicia e Arxentina, organizada polo Ministerio de Cultura da Cidade de Bos Aires e o Consello da Cultura Galega e presidida pola presidenta do Consello, Rosario Álvarez, e a directora xeral de Patrimonio, Museos e Casco Histórico do Ministerio de Cultura da Cidade de Bos Aires, Martina Magaldi. Trátase dunha selección de máis de 90 obras do artista arxentino-galego Luis Seoane localizadas no Museo de Arte Español Enrique Larreta, en Bos Aires, que celebra este ano o seu 60 aniversario.
Luis Seoane foi unha figura esencial da cultura moderna da Arxentina, á vez que se converteu nun dos artistas máis completos e importantes de Galicia. O obxectivo principal de Materiais Seoane. Entre Galicia y Argentina é evidenciar, con diversos tipos de obras (óleos, cerámicas, tapas de discos, etc.), a diversidade experimental da produción moderna do artista e os seus percorridos intelectuais. Na exposición pódense contemplar 90 producións do artista que inclúen gravados, óleos, revistas e libros.
Novas relacionadas