33 escritores vistos por Luis Seoane», na Casa da Cultura de Buenos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
2 de xuño de 2010.

A mostra de debuxos «33 escritores vistos por Luis Seoane», organizada pola Xunta de Galicia para conmemorar o centenario do nacemento do artista, permanecerá aberta na Casa da Cultura da Cidade de Buenos Aires ata o próximo 16 de maio.

Trátase dunha exposición composta por 33 debuxos orixinais de Luis Seoane sobre homes e mulleres das letras universais que dá testemuño dun pintor de mirada cosmopolita.

Na Casa da Cultura poden verse os retratos de Robert Louis Stevenson, Bernard Sahw, Joseph Conrad, Pío Baroja, Gilbert Keith Chesterton, James Joyce, Franz Kafka, Sergéi Yesenin, Jean Paul Sartre, Henry Miller, Miguel Hernández, Jorge Luis Borges, entre outros.

A literatura e o debuxo

Luis Seoane, artista arxentino e galego, foi creador dunha moi intensa dedicación profesional, tanto na súa vertente de artista plástico como de escritor, editor e dinamizador cultural. Nesta mostra preténdese incidir nesas dúas ocupacións nas que Seoane máis traballou e gozou dentro do seu polifacético labor como son a literatura e o debuxo. No campo das letras actuou en case todos os campos posibles, xa como receptor-lector, como comunicador, en tarefas de editor, ilustrador, prologuista, crítico, ilustrador, divulgador e autor.

Cada un dos debuxos presentados sirve máis que como obra particular, como indicador das inquedanzas literarias e artísticas que fan de Seoane un dos galegos que máis se preocupou no seu século pola posta en valor do grande elenco das letras e artes universais.

A exposición foi inaugurada o pasado 26 de abril polo Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Xunta de Galicia, Francisco López.

2184 lecturas