Richard Hawley abrirá o ciclo Xacobeo Importa

O «crooner» británico e ex guitarrista de PULP. Estará no teatro Rosalía de Castro.

Listen to this page using ReadSpeaker

Para inaugurar o ciclo Xacobeo Importa chega por primeira vez a Galicia unha das voces máis emocionantes da actualidade.

Richard Hawley é o ex guitarrista dunha banda de culto como PULP e a calidade dos seus traballos en solitario convertirono nun dos artistas máis respetados e admirados da escena británica.

Elegancia e melancolía danse a man nos seus discos. Hawley empezou a sua carreira musical na banda de Britpop Longpigs nos 90 e grabou tamén varios singles coa banda Treebound Story. Debido a sua amistade con Jarvis Cocker propusoselle ser o guitarrista de Pulp, banda coa que obtivo a fama internacional. Máis tarde, impresionados por unhas demos caseiras, Jarvis Cocker y Steve Mackey animarono a grabar en solitario.

Richard Hawley editou 5 discos en solitario, Late Night Final en 2002, Lowedges no 2003, Coles Corner en 2005, Ladys Bridge en 2007 e Trueloves Gutter en 2009.

Está considerado o Crooner do siglo XXI, as suas cancións son baladas con orquestacións, elegantes e melancólicas. Entre as suas grandes influencias están Scott Walker, Roy Orbison ou o mesmo Elvis Presley. O seu último disco, Trueloves Gutter foi moi ben recibido pola crítica, así como pola prensa especializada.

1468 lecturas