A Casa de Galicia en Madrid deixase seducir pola maxia

Baixo o título, Magia con el Corazón, o mago pontevedrés, Luis Boyano, asombrou, a unhas cen persoas que acuderon á Casa de Galicia en Madrid para asistir ao espectáculo, pensado para un público amplio que participou durante toda a actuación.

Listen to this page using ReadSpeaker

Os xogos de maxia mezclaronse co humor e a colaboración do público provocou momentos de improvisación, facendo de cada número un espectáculo único, con elementos cotidiáns, como cartas, periódicos ou botellas que se multiplicaban sen parar, a cámara lenta ou en alta velocidade.

Desde fai máis de 25 anos, Luis Boyano traballa como profesional do Mimo e obtivo un premio na especialidade de Mentalismo na categoría Nacional e Mundial de Magia. Entre os seus méritos tamén está haber sido «o primeiro en introducir en España a Magia Corporativa, unha nova forma de comunicar mensaxes e productos para grandes empresas e multinacionais.

Na presentación do acto, o coordinador de Cultural da Casa de Galicia en Madrid, Ramón Jiménez, acercou algúns datos de Boyano que, a pesar de ser conocido xa no ámbito madrileño, non deixaron de sorprender no currículo dun mago: «licenciado en psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, con especialidade en psicoloxía pedagóxica pola Complutense de Madrid. Formouse, paralelamente, en diferentes campos artísticos como Interpretación, Expresión Corporal ou Maxia».

¿Qué ten en común Coca Cola; Nestlé, Citroën, HP, Iberia, Repsol...? Pois que todas estas multinacionais requiriron, nas suas presentacións, congresos ou convencións, os servizos máxicos de Luis Boyano. Non son actuacións convencionais, xa que Boyano elabora un espectáculo á carta. Analiza as características, elabora a posta en escea e, ademáis, actúa como maestro de ceremonias pola sua experiencia no espectáculo e coñecemento do mundo empresarial.

Na Casa de Galicia, ao finalizar o espectáculo, varios xóves do público interesaronse por coñecer os lugares en Madrid onde tene previstas as próximas actuacións. «Eu si podo non ma perdo», comentaban nada máis sair.

1739 lecturas