Os galegos e galegas do exterior do programa Conecta co Xacobeo fan un alto no Camiño para coñecer a Ribeira Sacra

Nesta iniciativa, na que participan cerca de 200 galegas e galegos procedentes de países americanos, europeos e das comunidades autónomas, comezou o pasado domingo e  ten como obxectivo difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo.

As e os participantes levan xa catro xornadas realizando os últimos 100 quilómetros do Camiño Portugués e da Vía da Prata en diferentes etapas.

  • Imaxe da visita das e dos participantes no Conecta co Xacobeo 2022 á Ribeira Sacra
    Imaxe da visita das e dos participantes no Conecta co Xacobeo 2022 á Ribeira Sacra

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2022.

As e os participantes do programa Conecta co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración, procedentes de diferentes países de América e Europa, así como de distintas comunidades autónomas, continúan a levar a cabo as diferentes etapas do Camiño Portugués e da Vía da Prata, aproveitando a xornada para coñecer a Ribeira Sacra. 

Esta iniciativa ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas de entre 18 e 64 anos vinculadas ás entidades galegas que existen tanto no resto das comunidades autónomas españolas, como nos países europeos. Este ano, como novidade, o programa volveu abrir a convocatoria tamén aos galegos e galegas residentes nos países americanos. 

Agárdase que o sábado pola mañá rematen a última etapa, chegando así á Misa do Peregrino na Catedral de Santiago de Compostela.

O obxectivo é que, unha vez vivida a experiencia, as e os participantes colaboren como axentes activos na promoción e difusión do Camiño de Santiago e do fenómeno do Ano Santo Xacobeo nos lugares en que os centros teñen a súa sede.

469 lecturas