Emigración apoia ao Centro Gallego de Mar del Plata con 10.000 euros destinados a manter a atención social a galegas e galegos residentes nesta localidade arxentina

Esta axuda ten como obxectivo colaborar no funcionamento do centro de día desta entidade sen ánimo de lucro que asiste anualmente a unha quincena de galegas e galegos. 

Imaxe: Centro Gallego de Mar del Plata
Imaxe: Centro Gallego de Mar del Plata
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2023.

A Secretaria Xeral da Emigración destina, a través dun acordo de colaboración, 10.000 euros para a o Centro Gallego de Mar del Plata, co obxectivo de apoiar a atención social das e dos galegos residentes nesta localidade arxentina. 

Na cidade de Mar del Plata reside unha importante colonia de persoas galegas e a súa descendencia, que, a través deste centro, reciben un apoio socioasistencial importante no caso de aquelas e aqueles que teñen máis dificultades económicas. En concreto, nestes intres, están sendo atendidos nesta entidade case unha quincena de galegos e galegas. 

A Secretaría Xeral da Emigración leva anos colaborando con este centro galego na Arxentina co obxectivo de contribuír á prestación de apoio á colectividade galega residente neste país e que estean a pasar dificultades vitais.

Esta entidade sen ánimo de lucro creou en 2004 un centro de día co obxectivo de promover o apoio socioasistencial das persoas maiores a través da súa atención integral con carácter de servizo preventivo e de integración social. 

315 lecturas