Rey Varela e Rodríguez Miranda reforzan en Brasil as accións de apoio social á comunidade galega residente no país
Conselleiro e secretario xeral visitan as comunidades galegas asentadas na cidade de Río de Xaneiro, e asinan dous acordos de colaboración en beneficio dos galegos e galegas con necesidades socio asistenciais.
- Rey Varela e Rodríguez Miranda puxeron de manifesto o compromiso social do Goberno galego coas familias en situacións máis delicadas, dentro e fóra do territorio

O conselleiro de Política Social e o secretario xeral da Emigración, José Manuel Rey Varela e Antonio Rodríguez Miranda respectivamente, comezan unha visita institucional a Río de Xaneiro, en Brasil, coa intención de fortalecer e reforzar o compromiso social do Goberno galego coas familias en situacións máis delicadas, dentro e fóra do territorio.
Así, os altos cargos autonómicos visitan en primeiro lugar a socias e socios, e instalacións, do Hospital Español de Río de Xaneiro, dependente da Sociedade Española de Beneficencia, senlleira institución da diáspora que presta asistencia sanitaria a boa parte da diáspora galega e española, e coa que colabora activamente cada ano a Secretaría Xeral da Emigración.
Conselleiro e secretario xeral asinarán despois un acordo de colaboración, coa finalidade de contribuír á atención das necesidades socio asistenciais básicas dos cidadáns e as cidadás galegas residentes na megalópole brasileira, coa Peña Galega da Casa de España, mercé ao cal se axuda ao mantemento dun Centro de Día que atende a 300 maiores -case todas e todos de ascendencia galega-, e que celebra o seu 31º aniversario.
Xa na xornada de mañá domingo, ambos mandatarios achéganse á celebración polo 77º aniversario doutra comunidade galega de Río, a Sociedade Recreio dos Anciâos, coa que asinarán un acordo similar ao anterior, e que coincide coa inauguración da Praza Compostela, espazo de convivencia no interior das instalacións do ‘Recreio’. Cómpre lembrar que unha porcentaxe moi importante das e dos peregrinos que percorren o Camiño proceden do Brasil, un dos países que máis persoas teñen achegado ao proceso de internacionalización do fenómeno xacobeo.
Galegos e galegas no Brasil
Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística a 1 de xaneiro de 2017, residen arestora na República Federativa do Brasil 47.753 galegas e galegos, o que converte ao país carioca no segundo de América con maior número de paisanas e paisanos, só despois da Arxentina.
Deles e delas, 35.123 (o 73’55 por cento por cento do total, case tres de cada catro) naceron xa na diáspora. O grupo máis significativo numericamente é o de persoas nadas na provincia de Pontevedra, en total 24.046 (o que significa o 50’35 por cento).
Novas relacionadas