Programas de retorno voluntario de inmigrantes
Trátase de programas do Ministerio de Empleo y Seguridad Social, a través da Secretaría General de Inmigración y Emigración, Dirección General de Migraciones e contan co cofinanciamento do Fondo Europeo para o Retorno.
O Ministerio de Empleo y Seguridad Social, a través da Secretaría General de Inmigración y Emigración, Dirección General de Migraciones, financia programas de retorno voluntario de persoas estranxeiras en parte cofinanciados a través do Fondo Europeo para o Retorno.
A xestión destes programas está encomendada a organizacións non gobernamentais e organizacións internacionais especializadas na atención de inmigrantes.
O programa de retorno voluntario ofrece a posibilidade de retornar a aquelas persoas estranxeiras, (inmigrantes, solicitantes de asilo, refuxiadas, persoas con estatuto de protección de protección subsidiaria), que manifesten o seu desexo de volver ao seu país de orixe e que cumpran os requisitos establecidos.
Os programas son os seguintes:
- Programa de retorno voluntario de atención social. Dirixido a persoas inmigrantes extracomunitarias que se encontren en situación de especial vulnerabilidade contrastable a través dos Servizos Sociais da súa zona de residencia ou ONG especializada.
- Programa de retorno voluntario produtivo. Dirixido a persoas inmigrantes extracomunitarias non suxeitas á obriga de retornar que desexen emprender un proxecto empresarial asociado ao retorno.
- Programa de axudas complementarias ao aboamento acumulado e anticipado da prestación contributiva por desemprego a traballadoras e traballadores estranxeiros extracomunitarios que retornen voluntariamente aos seus países de procedencia (APRE).
Ten como obxectivo proporcionar axudas á viaxe de retorno aos seus países de orixe a aquelas persoas estranxeiras extracomunitarias que teñan recoñecido o dereito a percibir a prestación contributiva por desemprego de forma anticipada e acumulada.
Teñen ademais que cumprir os seguintes requisitos:
- Ser nacional de países que, en cada momento, teñan subscrito con España convenio bilateral en materia de seguridade Social.
- Ter recoñecido o dereito ao aboamento da prestación por desemprego na súa modalidade establecida no artigo 1 do Real Decreto-Lei 4/2008, do 19 de setembro, sobre o aboamento acumulado e anticipado da prestación por desemprego.
- Asinar declaración de voluntariedade e compromiso de retornar ao seu país de orixe, no prazo de trinta días naturais e non retornar a España no prazo de tres anos.
Para máis información: http://www.sepe.es/contenido/prestaciones/ag00d06.html
Fonte e foto: Ministerio de Empleo y Seguridad Social
Novas relacionadas




