Un profesor ferrolano que vive en Taiwan recibe o Premio de Poesía Hiperión

A obra «Las almas nómadas», de Miguel Salas, será presentada na feira do libro de Madrid.

Listen to this page using ReadSpeaker
23 de marzo de 2011.

O profesor e escritor de orixe galega Miguel Salas é o gañador da vixésima sexta edición do Premio de Poesía Hiperión, polo seu libro Las almas nómadas, que se publicará no mes de maio. Salas vive actualmente en Taiwan, onde é profesor universitario. De familia ferrolá, naceu en Madrid, pero todo canto forxou o seu amor pola escritura e polos libros vincúlao, como el mesmo afirma, ao Ferrol dos seus afectos.

Salas publicou os libros La luz, Mala baba: Antoloxía malvada de la poesía infantil española e Mitos Patrióticos, apuntes sobre la formación del nacionalismo español en la literatura del siglo XX. O libro galardoado será presentado na feira do libro de Madrid. O Premio Hiperión é un dos máis prestixiosos da lingua castelán e nesta edición concorrían 293 orixinais.

1348 lecturas