Miranda recibe ao profesor Sergio Guerra Vilaboy, profesor da Universidade da Habana, asistente ao XIX Congreso "Os Camiños de América"

Miranda e Guerra Vilaboy, no despacho do secretario xeral da Emigración na capital de Galicia
Miranda e Guerra Vilaboy, no despacho do secretario xeral da Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho ao profesor da Universidade da Habana, Sergio Guerra Vilaboy, quen está a asistir como experto ao XIX Congreso Internacional da Asociación Española de Americanistas "Os Camiños de América" que se  está a desenvolver estes días na Universidade de Santiago de Compostela e no que se analizan diferentes aspectos da relación América e Galicia, entre os que destacan os relacionados co ámbito da emigración. 

Guerra Vilaboy forma parte da colectividade galega da Habana, coma descendente de galegas e galegos emigrados ao país caribeño, e é licenciado en Historia e doutor en Filosofía, desenvolvendo a súa actividade como catedrático e xefe do Departamento de Historia e presidente da Cátedra “Eloy Alfaro” da Universidade da Habana. Tamén é presidente da Asociación de Historiadores Latinoamericanos e do Caribe. Publicou máis de 300 artigos e ensaios sobre a historia dos países da América.

837 lecturas