Miranda repasa a actividade da Casa de Galicia de Córdoba, que en 2018 celebra unha nova edición do seu premio de poesía “Rosalía de Castro”

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro coa representante do centro andaluz Maribel García para falar dos proxectos previstos para o ano que vén.

Imaxe da reunión celebrada en Santiago de Compostela
Imaxe da reunión celebrada en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2017.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro coa representante da Casa de Galicia en Córdoba Maribel García para facer un repaso das actividades que levou a cabo o centro andaluz durante 2017 e preparar as previstas para 2018. Entre estas últimas ten unha especial importancia o premio de poesía Rosalía de Castro, que a entidade galego cordobesa convoca cada dous anos “co obxecto de promover a poesía, as letras, a cultura, a vida”.

904 lecturas