Preto dun milleiro de galegas e galegos do exterior percorren o último tramo do Camiño de Santiago na véspera da celebración do VI Día da Galicia Exterior

  • Imaxe desta tarde na Praza do Obradoiro
    Imaxe desta tarde na Praza do Obradoiro
  • Imaxe da andaina polo último tramo do Camiño de Santiago
    Imaxe da andaina polo último tramo do Camiño de Santiago

Chegada á Praza do Obradoiro
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2022.

Preto dun milleiro de galegas e galegos do exterior percorreron esta tarde o último tramo do Camiño de Santiago dende o Monte do Gozo, dando así o pistoletazo de saída as actividades do VI Día da Galicia Exterior que se celebrará ao longo de todo o día de mañá en Santiago de Compostela. Nesta andaina estiveron acompañadas e acompañados polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas Calviño.

O VI Día da Galicia Exterior é unha xornada de confraternidade para celebrar o Ano Santo Xacobeo na que participarán 30 agrupacións culturais dos centros galegos do exterior, que serán recibidas polos máximos representantes do Goberno galego e do Concello de Santiago. A trintena de grupos percorrerá as distintas prazas do casco histórico compostelán para realizar diferentes actuacións de baile e música galegas. Ademais, asistirán á celebración dunha misa na Praza da Quintana, serán obsequiados cun diploma pola súa participación no evento e serán presentados na Alameda de Santiago, onde se pechará a xornada cun concerto de Susana Seivane. Ao longo do día, tamén se poderá desfrutar dun paseo artesán con obradoiros na Ferradura deste parque. 

544 lecturas