Comezan a chegar as primeiras agrupacións culturais de galegas e galegos do exterior para a súa participación no VI Día da Galicia Exterior

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta tarde no Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro aos primeiros grupos participantes procedentes de Brasil e Chile.

En total, serán 30 asociacións as que celebrarán o VI Día da Galicia Exterior este sábado en Santiago de Compostela, unha festa conxunta coa que as galegas e galegos do exterior e os propios da comunidade autónoma celebrarán o Ano Santo Xacobeo.

As actividades comezarán mañá coa realización do último tramo do Camiño de Santiago, no que participarán máis de 700 persoas.

  • Imaxe desta tarde no Aeroporto de Santiago - Rosalía de Castro
    Imaxe desta tarde no Aeroporto de Santiago - Rosalía de Castro
  • Imaxe desta tarde no Aeroporto de Santiago - Rosalía de Castro
    Imaxe desta tarde no Aeroporto de Santiago - Rosalía de Castro
  • Imaxe desta tarde no Aeroporto de Santiago - Rosalía de Castro
    Imaxe desta tarde no Aeroporto de Santiago - Rosalía de Castro
  • Imaxe desta tarde no Aeroporto de Santiago - Rosalía de Castro
    Imaxe desta tarde no Aeroporto de Santiago - Rosalía de Castro
Chegada das e dos participantes ao Monte do Gozo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2022.

As primeiras asociacións culturais de galegas e galegos do exterior comezaron a chegar esta tarde para a súa participación no VI Día da Galicia Exterior que se celebrará este sábado en Santiago de Compostela. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta tarde no Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro a estas primeiras agrupacións, a Asociación Cultural Caballeros de Santiago (Brasil), cun total de 22 galegas e galegos, e o Lar Gallego de Chile, con 11.

En total serán 30 entidades culturais dos centros galegos de todo o mundo que asistirán e celebrarán o VI Día da Galicia Exterior, unha xornada de confraternidade para celebrar o Ano Santo Xacobeo e que reunirá a máis dun milleiro de galegas e galegos do exterior. As actividades comezarán xa o día anterior, este venres día 8, coa realización do último tramo do Camiño de Santiago dende o Monte do Gozo, na que participarán máis de 700 das e dos asistentes a este evento e que comezará ás 5 da tarde.

A celebración do VI Día da Galicia Exterior será este sábado, día 9, e comezará co encontro dos diferentes grupos participantes na Praza do Obradoiro e a recepción oficial destes polos máximos representantes do Goberno galego e do Concello de Santiago no Hostal dos Reis Católicos. De seguido, celebrarase unha misa na Praza da Quintana e, tras finalizar, os grupos asistentes percorrerán as distintas prazas do casco histórico compostelán para realizar actuacións de baile e música galegas ata chegar á Alameda, onde celebrarán un xantar conxunto. Pola tarde, volverán percorrer estas prazas e de noite serán presentados no Parque da Alameda, onde se pechará o evento co concerto de Susana Seivane. Ao longo do día, tamén se poderá desfrutar dun paseo artesán con obradoiros na Ferradura deste parque. 


Programación do VI Día da Galicia Exterior (descargar)

  • 9:30 h. Chegada dos grupos participantes á Praza do Obradoiro.
  • 10:00 h. Recepción de autoridades ás entidades galegas no Hostal dos Reis Católicos.
  • 11:00 h. Celebración dunha Santa Misa na Praza da Quintana.
  • 12:00 h. Actuacións/alboradas nas prazas do centro histórico compostelán.
  • 17:00 h. Actuacións de música e baile galego nas prazas do centro histórico compostelán.
  • 20:00 h. Presentación dos grupos culturais no Parque da Alameda.
  • 22:00 h. Concerto de Susana Seivane no Parque da Alameda
  • 11:00 a 22:00 h. Paseo artesán con obradoiros na Ferradura do Parque da Alameda
924 lecturas