Emigración rememora o VI Día da Galicia Exterior a través dun vídeo do último tramo do Camiño de Santiago realizado por preto dun millar de galegas e galegos do exterior
A Secretaría Xeral da Emigración convida a volver a desfrutar e a rememorar o VI Día da Galicia Exterior a través dun vídeo que recompila o percorrido realizado polas e polos membros das agrupacións culturais asistentes a este evento do último tramo do Camiño de Santiago dende o Monte do Gozo. Neste traxecto, estiveron acompañados polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas Calviño.
Esta andaina reuniu a preto dun millar de galegas e galegos do exterior e supuxo o inicio das actividades do VI Día da Galicia Exterior, unha xornada de confraternidade para celebrar o Ano Santo Xacobeo e no que participaron 31 agrupacións culturais dos centros galegos de todo o mundo.
Novas relacionadas