Emigración convida a volver desfrutar do VI Día da Galicia Exterior a través dunha galería de fotos das distintas actividades realizadas polos centros galegos do exterior

VIº Día da Galicia Exterior
VIº Día da Galicia Exterior
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración publica unha galería de fotos que recompila as diferentes actividades realizadas polas 30 agrupacións culturais dos centros galegos do exterior no VI Día da Galicia Exterior celebrado en Santiago de Compostela.

O pasado sábado, 9 de xullo, máis de un milleiro de galegas e galegos do exterior realizaron diversas actividades para celebrar o VI Día da Galicia Exterior, unha xornada de confraternidade para celebrar o Ano Santo Xacobeo. A trintena de grupos galegos do exterior foron obsequiados cun diploma pola súa participación de mans do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela; asistiron á celebración dunha misa na Praza da Quintana; ofreceron actuacións musicais e de baile nas distintas prazas do casco histórico compostelán e foron presentados na Alameda de Santiago.

1032 lecturas