Éxito de participación no VI Día da Galicia Exterior, que encheu o centro histórico de Santiago cos sons e os bailes de máis de mil galegas e galegos chegados de todo o mundo

A Secretaría Xeral da Emigración celebrou o Ano Santo Xacobeo invitando ás galegas e galegos do exterior e aos da propia comunidade autónoma a participar xuntos nun día dedicado a aquelas e aqueles que traballan pola cultura e a música de Galicia dende as entidades galegas de todo o mundo.

O 80% das e dos asistentes tiñan menos de 30 anos, demostrando a forza que posúen os centros galegos do exterior para manter as nosas tradicións e a nosa cultura nos seus países de acollida.

Tras encher a primeira hora da mañá a praza do Obradoiro e asistir á Misa do Peregrino na praza da Quintana, o milleiro de galegas e galegos do exterior ataviados cos seus traxes tradicionais encheron as prazas de Santiago coas súas actuacións, participando posteriormente nun acto de entrega de diplomas na Alameda e rematando a xornada cun concerto da gaiteira Susana Seivane.

  • O VI Día da Galicia Exterior celebrouse este sábado, 9 de xullo, en Santiago de Compostela
    O VI Día da Galicia Exterior celebrouse este sábado, 9 de xullo, en Santiago de Compostela

Misa do Peregrino - VI Día da Galicia Exterior
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración destaca o éxito de participación no VI Día da Galicia Exterior que se celebrou este pasado sábado día 9 no casco histórico de Santiago de Compostela e que tivo como obxectivo compartir coa cidadanía galega o traballo realizado dende as entidades do exterior para promocionar e coidar a cultura e as tradicións de Galicia. Máis de 1.000 galegas e galegos chegados dende diferentes países do mundo, o 80% deles menores de 30 anos, celebraron así o Ano Santo Xacobeo cun día no que a os instrumentos, os bailes e os traxes tradicionais galegos encheron rúas e prazas da capital autonómica.

A xornada de confraternidade comezou cun encontro na praza do Obradoiro co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, e continuou coa Misa do Peregrino que se desenvolveu, oficiada polo arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, na praza da Quintana. Pola tarde os pasarrúas e as actuacións das entidades galegas tinguiron de galeguidade as prazas compostelás. A xornada rematou cunha entrega de diplomas e un concerto da gaiteira Susana Seivane. 

O VI Día da Galicia Exterior é unha festa que permite aos cidadáns e cidadás da comunidade autónoma coñecer a forma na que a cultura galega se celebra de xeito cotián en numerosos países do mundo .

Aproveitando a presenza de máis dun milleiro de galegas e galegos do exterior nesta xornada, a Secretaría Xeral da Emigración tamén convocou a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas co obxectivo de continuar a analizar a situación das comunidades galegas do exterior, e realizou con todas e todos os asistentes ao VI Día da Galicia Exterior unha andaina que serviu para percorrer o último tramo do Camiño de Santiago dende o Monte do Gozo, onde estiveron aloxados os e as asistentes. 

Neste encontro, calificado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, de “histórico”, participaron agrupacións culturais de centros galegos de Chile, Arxentina, Uruguai, Brasil, Venezuela, Cuba, Estados Unidos e México, así como de Portugal, Alemaña e Suíza, e das comunidades autónomas españolas.

1334 lecturas