O Centro Galego de Lleida presentou un novo número da súa revista "Xurdimento"
No local social da entidade galega na capital do Segrià, e extremando as medidas de prevención hixiénico-sanitarias para evitar a propagación da covid-19, procedeuse á presentación en liña do número 34 da revista "Xurdimento" do Centro Galego de Lleida, que este ano estivo a cargo do subdelegado do Goberno de España en Lleida, José Crespín i Gómez, quen presentou este novo número nas tres linguas usadas polas e polos escritores da revista: galego, castelán e catalán, xesto moi ben acollido por todas e todos os asistentes. A continuación, o presidente do Centro Galego, José Terceiro Folgar, fíxolle entrega dun pequeno agasallo como agradecemento e, deseguido, escoitouse e visualizouse un vídeo da Agrupación Saudade de Barcelona. O socio José Luís Raposo Toja realizou a gravación do acto.
Fonte e fotos: Centro Galego de Lleida
Novas relacionadas