Exitosa conferencia no Centro Galego de LLeida

O acto enmárcase dentro da programación da Semana Cultural que organiza a entidade.

  • A conferencia celebrouse onte mércores no local social da entidade.
    A conferencia celebrouse onte mércores no local social da entidade.
  • A conferencia celebrouse onte mércores no local social da entidade.
    A conferencia celebrouse onte mércores no local social da entidade.
Listen to this page using ReadSpeaker

O local social do Centro Galego de Lleida acolleu no serán de onte a conferencia pronunciada polo humorista D. Xema Solé Solà, baixo o título A maxia e os seus trucos. O acto -que se enmarca dentro da Semana Cultural que anualmente organiza esta senlleira entidade galega en Cataluña- resultou de gran interese para todas as persoas asistentes, que, ademais, estiveron acompañadas polos “Rexedores” do Concello de Lleida, Dna. Dolors Arderiu Sabate, Dña. Gemma Batalla Casanovas e D. Joan Vilella Jounou; o Presidente da Federación das Casas Rexionais de Lleida D. Cosme García i Mir, o vicepresidente da Casa de Aragón D. Victor Anadón, o presidente da Casa de Castela e León D. Óscar Sánchez, e o vicepresidente da Casa de Extremadura, D. Antonio Chamorro.

Finalizou o acto coa entrega polo Presidente da entidade, D. José Terceiro, dun agasallo ao conferenciante; despois todos e todas as asistentes degustaron un refrixerio. O acto foi un rotundo éxito.

A programación completa da Semana Cultural, que comezou o pasado luns e rematará o vindeiro domingo coa Asamblea Xeral Ordinaria do centro e un Xantar de irmandade, pódese consultar no portal GaliciaAberta.

1113 lecturas