Presentan unha iniciativa para denominar Rosalía de Castro a unha rúa de Mar do Prata

Un edil da localidade arxentina presentou un proxecto no que solicita cambiar o nome á rúa Rufino Inda.

Listen to this page using ReadSpeaker
13 de setembro de 2012.

Mar do Prata (Arxentina).Rosalía de Castro podería ter máis presenza en Arxentina. O concelleiro de Mar do Prata Mario Rodríguez presentou un Proxecto de Ordenanza para denominar co nome da escritora galega á rúa que actualmente ten o nome de Rufino Inda. Trátase dun traxecto que se estende dende a Avenida Mario Bravo cara ao sur do Partido de Xeneral Pueyrredon. O proxecto considera que Rosalía de Castro merece destacarse polas súas condicións tanto humanas, coma de escritora.

O edil afirma no seu proxecto que co que a escritora contribuíu á lingua e literatura galega e española, merece destacarse a súa figura. Ademais, o Centro Gallego de Mar del Plata acaba de cumprir 60 anos, co que sería un punto máis a favor de que se consiga cambiar o nome da rúa.

 

 

 

Foto: www.mardelplata.ws

1158 lecturas