Presentan o libro "Volver a Galicia" no Centro Gallego de Azul
A obra de María González Rouco reúne contos e poemas publicados en diarios, revistas e Internet sobre a temática da emigración.
O Centro Gallego de Azul presenta o 8 de abril o libro Volver a Galicia, da escritora María González Rouco. O acto terá lugar ás 20.00 horas na sede do centro na cidade de Azul, Arxentina.
A obra reúne contos e poemas da autora publicados en diarios, revistas e Internet, ademais dalgúns textos inéditos, fotos e testemuños de integrantes da colectividade galega en Arxentina.
Participarán no acto a presidente do Centro Gallego de Azul, María de los Ángeles Fernández Gómez; Margarida Ferrer, do diario El Tiempo de Azul e o poeta Roberto Glorioso.
Novas relacionadas