Amarelo de Castro pronunciou unha conferencia no Centro Galego de Lleida

Quen fose o primeiro responsable de Emigración da Xunta de Galicia falou dos seus anos de experiencia á fronte deste departamento do goberno galego.

Asistiron autoridades locais, representantes de outras entidades rexionais en Lleida e numeroso público, que enchiu o local social.

  • A conferencia, á que asistiu numeroso público, levaba por título 'A Galicia de hoxe e os galegos no mundo'. Foto: Juan Rodríguez
    A conferencia, á que asistiu numeroso público, levaba por título "A Galicia de hoxe e os galegos no mundo". Foto: Juan Rodríguez

Listen to this page using ReadSpeaker
Lleida, 26 de novembro de 2012.

O evento, enmarcado dentro da programación da Semana Cultural da Federación de Casas e Centro Rexionais de Lleida, tivo lugar o pasado venres 23 ás 20,00 h. na sede da entidade galega na capital ilerdense baixo o título A Galicia de hoxe, e os galegos no mundo.

Iniciou a presentación D. José Terceiro, presidente da entidade, facendo un pequeno resumo do apoio que a entidade tivo por parte de Fernando Amarelo, durante a súa etapa á fronte da Secretaría Xeral para as Comunidades Galegas da Xunta de Galicia, para levar a cabo a constitución do Centro e a compra das actuais instalacións. Así mesmo, Ernesto Lagarón, presidente da Fundación Galicia Universal, tamén eloxiou o labor de Amarelo de Castro para coas distintas entidades galegas da diáspora; e pola súa banda Cosme Garcia, presidente da Federación de Casas e Centro Rexionais de Lleida, resaltou a boa relación e o apoio que sempre deu a todas as actividades levadas a cabo polo Centro Galego de Lleida.

O conferenciante, despois de agradecer ás autoridades locais e a todas as persoas asistentes a súa presenza, fixo unha exposición das súas vivencias durante os oito anos que estivo de Secretario Xeral para as Comunidades Galegas da diáspora, cargo no que chegou a percorrer máis de catro millóns de km. na súa visita ás mais de trescentas entidades, dispersas por todos os continentes, resaltando a forma de expandir a nosa cultura por todo o mundo. Foi unha maxistral exposición, moi aplaudida por todas e todos os asistentes que enchían completamente a sala.

1156 lecturas