Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
25Xuño2022Emigración comparte un novo episodio do podcasting mensual “Galicia é Migrante” en colaboración coa Fundación Luis Seoane audio A Secretaría Xeral da Emigración presenta un novo episodio do podcast que realiza a Fundación Luis Seoane, “Galicia é Migrante”, que permite ofrecer información tanto sobre as galegas e galegos do exterior como sobre as e os novos galegos chegados doutros países do mundo, aportando entrevistas, actualidade e humor. No novo programa, o locutor Antón Lezcano entrevista ao director e guionista Óliver Laxe, director e guionista do filme O que arde... Máis información
-
24Xuño2022O especial “Historias de ida e volta” de xuño destaca o legado educativo do emigrante filántropo Pedro Murias audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX. A entrega de xuño do especial Historias de ida e volta, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, céntrase, nesta ocasión, no legado... Máis información
-
23Xuño2022A proxección do documental “Welcome to ma maison”, dentro do Ciclo Mestre Mateo, chega esta semana a seis centros galegos do exterior audio A Secretaría Xeral da Emigración lembra que o filme protagonista do mes de xuño do ciclo de proxeccións Mestre Mateo, Welcome to ma maison, poderase desfrutar este mesmo xoves no Lar Gallego de Sevilla e, o próximo sábado 25, na Asociación Cultural Galega de Berlín Son, no Centro Galego de Tarragona, no Centro Gallego de Montevideo, na Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas e no Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol de Bos Aires. O... Máis información
-
22Xuño2022Emigración convoca o programa “Reencontros co Xacobeo” para 205 galegas e galegos do exterior, vinculados ás entidades de España, Europa e América audio O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para galegas e galegos do exterior maiores de 65 anos, co obxectivo de difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo Xacobeo. Este ano recupérase a convocatoria para as persoas dos centros galegos de América. O programa desenvolverase na primeira quincena de outubro, realizando pequenas etapas do Camiño de Santiago. O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a convocatoria das axudas... Máis información
-
22Xuño2022A Secretaría Xeral da Emigración explicou as súas medidas de apoio ao retorno para as e os galegos residentes no Reino Unido nunha xornada informativa organizada pola Consejería de Trabajo nese país audio A subdirectora xeral do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración, Begoña Solís, participou esta mañá nun webinario sobre os desafíos aos que se están enfrontando as e os cidadáns españois no Reino Unido tralo brexit á hora de retornar a España, organizado pola Consejería de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social en el Reino Unido, no que tamén participaron outras comunidades autónomas. Neste contexto, Begoña Solís recordou que a Xunta de... Máis información
-
21Xuño2022Miranda informa ás entidades galegas do exterior sobre a nova convocatoria do programa “Conecta co Xacobeo” audio O programa está dirixido a galegas e galegos do exterior entre 18 e 64 anos, co obxectivo de difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo. O secretario xeral da Emigración recordou a recuperación da convocatoria para as persoas dos centros galegos de América. O secretario xeral da Emigración informou hoxe ás diferentes entidades galegas do exterior, a través dun webinario, sobre a nova convocatoria de axudas “Conecta co Xacobeo” no ... Máis información
-
20Xuño2022Emigración destina 12.000€ á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo para a atención de necesidades asistenciais básicas das e dos galegos audio Esta axuda ten como obxectivo contribuír ao financiamento para a asistencia ás persoas galegas acollidas no seu centro de día. A Secretaria Xeral da Emigración destina, a través dun convenio de colaboración, 12.000 euros para a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo de cara a axudar na atención das necesidades básicas aos galegos e galegas residentes nesta populosa localidade brasileira acollidos no seu centro de día. Esta... Máis información
-
20Xuño2022O Club Galicia de Bonn celebra o Ano Santo cunha camiñada de 10 quilómetros audio O Club Galicia de Bonn organizou unha camiñada de dez quilómetros que saíu dende a emblemática Catedral de Bonn seguindo as cunchas do Camiño de Santiago que percorren parte do tramo que circula por esta cidade do estado xermano de Renania do Norte-Westfalia. Ao final do traxecto houbo un reparto de camisetas entre os socios e socias do Club Galicia. O Club Galicia de Bonn foi fundado en 1980 e serve como encontro intercultural para galegas e... Máis información
-
19Xuño2022Máis de 250 persoas participan no Carballiño (Ourense) na Xuntanza de Amigos de Venezuela-Galicia á que asistiu Antonio Rodríguez Miranda audio O secretario xeral da Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu no Carballiño, Ourense, á Xuntanza de Amigos de Venezuela-Galicia na que participaron máis de 250 persoas. Deste xeito, recupérase a Xuntanza que se desenvolvía tradicionalmente co obxectivo de manter a relación fraguada en Venezuela así como na Hermandad Gallega deste país despois de ter retornado a Galicia. Tras dous anos de pandemia, finalmente recuperouse este... Máis información
-
18Xuño2022Miranda participa na homenaxe á Sociedad Pro Instrucción, Recreo y Auxilio Mutuo San Claudio, da Habana, en Ortigueira audio O secretario xeral de Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe, en Ortigueira, ao acto en recoñecemento á Sociedad Pro Instrucción, Recreo y Auxilio Mutuo San Claudio, da Habana, polo traballo a prol da educación feito polos e polas emigrantes da parroquia ortigueiresa de San Claudio en Cuba a comezos do século pasado, que permitiu a construción do Centro Escolar que leva o seu nome. Durante esta homenaxe, organizada pola... Máis información
Páxinas |