As persoas inmigrantes tamén terán que declarar os seus bens no estranxeiro

No caso de omitir a obriga de informar, a sanción ascende a 10.000 euros.

Calquera persoa que viva en España durante máis de 182 días ao ano terá que identificar as súas posesións superiores a 50.000 €.
Calquera persoa que viva en España durante máis de 182 días ao ano terá que identificar as súas posesións superiores a 50.000 €.
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 5 de marzo de 2013.

A Asociación de Asesores Fiscais (Asefiget) alerta de que as máis de seis millóns de persoas inmigrantes que vivan en España veranse afectadas pola obrigatoriedade de declarar as contas, bens e seguros no estranxeiro antes do 30 de abril. Deste modo, calquera persoa que viva no noso país durante máis de 182 días ao ano terá que identificar as súas posesións superiores a 50.000 euros.

De presentarse fóra de prazo ou con algún erro, a sanción mínima será de 1.500 euros. Esta cantidade ascende a 10.000 euros no caso de omitir a obriga, cando ademais se clasificarán os bens non declarados dentro do concepto de ganancia patrimonial; é dicir, que aínda que eses bens pertenzan á persoa obrigada con anterioridade á entrada en vigor da lei, a Axencia Tributaria computarao coma se se tratase dun ingreso na renda de este ano.

De non presentar a declaración, o posesor ou posesora de bens no estranxeiro responderá pola contía non declarada pagando o que lle corresponde pola renda a liquidar; as sancións correspondentes ao protocolo sancionador, e as relativas ao réxime sancionador específico.

 

Fonte: ABC

1252 lecturas