A pegada xudía revive en Galicia

Monforte e Ribadavia, dúas referencias.

Na Coruña e Vigo viven 10 familias xudías que se recoñecen en terra propia.

Samuel Epstein cre que 'existen similitudes evidentes entre xudeus e galegos'.

Das identidades nacionais para un xudeu a definitiva é o seu pobo.

O pobo xudeu e o galego manteñen a súa identidade fóra do territorio.

  • Sobre un mantel branco coa estrela de David, colócanse as velas acendidas.
    Sobre un mantel branco coa estrela de David, colócanse as velas acendidas.
  • Samuel, cun dos seus fillos.
    Samuel, cun dos seus fillos.
  • O patriarca da familia Epstein na súa casa de Vigo.
    O patriarca da familia Epstein na súa casa de Vigo.
  • Monforte e Ribadavia son dúas referencias do mundo xudeu en Galicia.
    Monforte e Ribadavia son dúas referencias do mundo xudeu en Galicia.
  • Samuel e a súa esposa Francis seguen celebrando o Sabath.
    Samuel e a súa esposa Francis seguen celebrando o Sabath.
  • Na mesa comparten o pan, como di a Torah.
    Na mesa comparten o pan, como di a Torah.
Listen to this page using ReadSpeaker
10 de xaneiro de 2012.

A presenza do pobo xudeu foi unha constante histórica en Galicia. Moitos deles e delas tiveron que marchar ao non querer converterse á relixión da España católica e dos seus reis e raíñas. Outros e outras permaneceron, algúns e algunhas cambiaron os seus apelidos e mesmo aceptaron a fe de Roma porque non querían protagonizar outro éxodo ou simplemente porque tiñan dereito a quedar no seu país. O que nunca marchou foi a súa pegada imborrable e en certo modo a lenda que os acompañou ao longo da historia.

Como a historia se reescribe e se volve contar, hoxe Galicia busca ese pasado xudeu como propio e como unha mostra da súa identidade e do seu acervo cultural. Dous son os puntos xeográficos onde se encontran estas raíces de xeito máis visible, Monforte de Lemos e Ribadavia. Os seus alcaldes recoñecen os seus pobos no mundo xudeu e comprácense dese pasado. Os dous condados forman parte da Red de Juderías de España e realizan actividades constantes para vivificar esa identidade diferenciadora.

Non obstante, esa realidade cultural que se proxecta ao pasado ten tamén unha realidade presente que fai actual a pegada xudía en Galicia e non a remite aos libros de historia. En Galicia viven unhas 10 familias xudías entre A Coruña e Vigo. De feito na Coruña estase a intentar facer comunidade e establecer unha sinagoga.

En Vigo tamén as hai. Son menos as que están, pero a súa militancia na comunidade xudía é visible. Trátase da familia Epstein, composta por avós, fillos, netos e mesmo un matrimonio mixto cunha galega. De orixe uruguaia, con vivencias durante 13 anos en Israel, e con destino en Galicia, son o rostro visible da presenza xudía no país.

O seu fogar en pleno centro de Vigo serve para comprobar como están perfectamente integradas na sociedade galega. Os seus nomes son, á primeira vista, o único que fai sospeitar que hai algo máis: Samuel, Francis e os fillos Avital e Bilgai. O caso de Bilgai é especialmente significativo. Casouse cunha galega da diáspora, que foi a causa de que toda a familia se instalase nas Rías Baixas.

O avó Samuel, novo e de carácter extrovertido, explica ao MUNDO.es "que iamos ser nós velliños sen os netos". E aínda que a causa poida parecer unha escusa sentimental, convértese na consecuencia da realidade presente dos xudeus en Galicia.

Parecidos entre o pobo xudeu e o galego
A familia Epstein parece preparada para responder ás preguntas tópicas. Están os catro e o escenario parece estar feito á medida. Libros sobre Israel, candeeiros dos sete brazos e mesmo as kipás necesarias para cada un dos compoñentes da familia.

Non obstante, as primeiras confesións de Samuel refírense ao seu primeiro encontro con Galicia. "Os meus veciños en Uruguai eran galegos, eu coñecía Galicia antes de chegar grazas ao seu relato, criámonos entre galegos". Samuel aínda se refire ás galegas e os galegos veciños polo seu nome e anteponlles o don diante.

Tal exactitude ao recordar aos seus amigos e amigas provócalle un sorriso cando escoita a frase tópica "os galegos somos como os judios" e tras o sorriso o convencemento de que entre os dous pobos hai similitudes evidentes. Este convencemento transfórmao nunha fervenza de argumentos lóxicos e emocionais referidos á capacidade de traballo, ao desexo de regresar á súa terra, á disciplina...

Samuel conclúe este capítulo cun "Galicia é a terra máis bonita que vin". Non obstante, o don natural do país galego "necesita ser conservado" e Samuel Epstein suxire unha maior implicación cidadá. "En Israel o 70% do territorio é deserto e non obstante é unha nación puxante".

E como os tópicos sempre rematan aparecendo, e tamén para desengraxar a intensidade das confesións, a xudía e o xudeu uruguaio, israelí e agora galego entende que "non" é verdade que os xudeus sexamos forróns, só os emigrantes, como por outra parte acontece con outros pobos que emigran".

Busca da identidade
Os seus fillos Bilgai e Avital escoitan as confesións do seu pai. Mírano fixamente e non parecen cansalos as historias que repite. A súa forma de contar é intensa e ten a habilidade de depertar a curiosidade dos interlocutores e favorecer que as preguntas se amontoen e se solapen.

Samuel entende que a identidade sempre se converte en busca e comprende ese desexo de estar en contacto coas raíces. "Eu funme a Israel coa miña familia porque son judio, Avital naceu alí, logo volvemos, a miña filla estudou na Autónoma de Barcelona e agora o seu noivo é galego pero, sobre todo e por enriba de todos, somos xudeus".

A súa concepción sobre a realidade xudía é aperturista e incluyente. Mira á súa esposa Francis e en forma de pregunta dille: Por que en realidade para ser xudeu só hai que sentilo?

Lonxe fisicamente de Israel, da terra prometida, incorporan o seu sentido de pertenza a un pobo repartido polo mundo á súa realidade diaria. Agora en Vigo, onde din que están ben e moi contentos, celebran todas as festas. Confesan que non son relixiosos pero celebran o rito. Intercambian palabras en hebreo cunha mensaxe directa: "É a hora de poñer a mesa para celebrar o Sabath".

E o día de descanso vese chegar cando no ceo se ve a primeira estrela. Entón sobre un mantel branco coa estrela de David bordada, colócanse as velas acendidas que prende Francis e que están soportadas por un candeeiro para máis tarde, o patriarca Samuel, bendicir o pan e o viño. Todos teñen o seu kipá e o seu lugar na mesa. É a hora do rito e hai que cumprilo.

'Estou seguro de que chegará a paz'
Entre o afán de ter todo a punto para a celebración, tamén hai momento para as confesións. Avital, a máis nova, aproveita para reivindicar o papel da muller no mundo hebreo. O seu argumento exemplifícao con "só hai que ver que no exército israelí hai mulleres soldado". Trata de desmostar así aos que din que o pobo xudeu é machista.

O seu irmán Bilgai opta por revelacións máis privadas e conta que ten dúas nenas, Sol e Azul, aínda que nacidas galegas, saben tamén que esa identidade é compatible co feixón e elas militan nesa dobre identidade.

O comentario sobre a existencia de mulleres soldado provoca que Samuel e Bilgai se pronuncien sobre a paz en Oriente Medio. A introdución faina Bilgai "porque sobre todo o que hai é moito descoñecemento". Samuel responde: "Eu estou seguro de que a paz chegará".

Á hora de sentarse na mesa anuncian que esperan visita. Son cordiais e comparten o pan, como di a Torah, e a súa hospitalidade refuta os argumentos dos que acusan ao xudeu de ser un pobo pechado, secreto e pouco hospitalario.

A familia Epstein celebra a curiosidade que o seu pobo esperta en Galicia e no conxunto de España. Gaba as iniciativas como a Red de Juderías ou o interese do alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco, por poñer en valor ese pasado que ten a súa continuación nas familias xudías que hoxe viven en Galicia.

 

Fonte: El Mundo.es | Fotos: El Mundo.es

1244 lecturas