Os participantes no Conecta con Galicia de Emigración rematan a súa estadía percorrendo o último tramo do Camiño Portugués a Santiago

Este programa, que se desenvolveu en dúas quendas no albergue de Gandarío durante os meses de xullo e agosto, tivo coma obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual.

  • Os participantes no Conecta con Galicia de Emigración rematan a súa estadía percorrendo o último tramo do Camiño Portugués a Santiago
    Os participantes no Conecta con Galicia de Emigración rematan a súa estadía percorrendo o último tramo do Camiño Portugués a Santiago
  • Os participantes no Conecta con Galicia de Emigración rematan a súa estadía percorrendo o último tramo do Camiño Portugués a Santiago
    Os participantes no Conecta con Galicia de Emigración rematan a súa estadía percorrendo o último tramo do Camiño Portugués a Santiago
  • Os participantes no Conecta con Galicia de Emigración rematan a súa estadía percorrendo o último tramo do Camiño Portugués a Santiago
    Os participantes no Conecta con Galicia de Emigración rematan a súa estadía percorrendo o último tramo do Camiño Portugués a Santiago
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2023.

Os case 30 mozos e mozas galegos do exterior que participan no programa Conecta con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración, remataron nas últimas horas a súa estadía na nosa comunidade autónoma percorrendo o último tramo do Camiño Portugués a Santiago. Estiveron acompañados nesta última xornada por responsables do departamento autonómico da Xunta.

Este programa, realizado en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, ao longo de dúas quendas e que se desenvolve no albergue de Gandarío, permitiu que 60 persoas nadas en Galicia ou descendentes de emigrantes galegos de 16 e 17 anos volvesen a ter contacto coa realidade galega e incluso encontrarse cos seus familiares, supoñendo para moitos deles a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.

Hoxe regresan aos seus países de orixe, xa que proceden de Arxentina, Uruguai, Venezuela Suíza e Brasil.

290 lecturas