Os galegos emprendedores German Ricoy e María Eiriz responden ás preguntas máis habituais á hora de decidir retornar e poñer en marcha a súa iniciativa en Galicia
Os emprendedores galegos Germán Ricoy e María Eiriz, retornados da Illa Reunión (Francia), responden ás preguntas máis habituais ás que se enfrontan aquelas e aqueles membros da colectividade que deciden regresar a Galicia e poñer en marcha unha iniciativa empresarial.
A Secretaria Xeral da Emigración lembra que os interesados e interesadas en retornar contan cun apoio do Goberno galego de entre 6.000 e 10.000 euros para comezar coa súa nova iniciativa e que teñen aínda ata o próximo 29 de setembro para presentar a súa solicitude. Estas axudas poden consultarse a través das oficinas de información ao retorno da Secretaría Xeral da Emigración situadas en Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo (iniciativa apoiada pola Unión Europea) ou nesta ligazón.
Novas relacionadas