Os centros galegos da Comunidade Valenciana e Rexión de Murcia celebraron a súa primeira xuntanza de confraternidade

A Secretaría Xeral da Emigración estivo presente a través do subdirector xeral de Coordinación, Contratación e Xestión Orzamentaria, Manuel Díaz.

  • Os centros galegos da Comunidade Valenciana e Rexión de Murcia celebraron a súa primeira xuntanza de confraternidade
    Os centros galegos da Comunidade Valenciana e Rexión de Murcia celebraron a súa primeira xuntanza de confraternidade
  • Os centros galegos da Comunidade Valenciana e Rexión de Murcia celebraron a súa primeira xuntanza de confraternidade
    Os centros galegos da Comunidade Valenciana e Rexión de Murcia celebraron a súa primeira xuntanza de confraternidade
  • Os centros galegos da Comunidade Valenciana e Rexión de Murcia celebraron a súa primeira xuntanza de confraternidade
    Os centros galegos da Comunidade Valenciana e Rexión de Murcia celebraron a súa primeira xuntanza de confraternidade
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2013.

O Centro Galego de Castelló ‘O Aturuxo’ vén de celebrar esta pasada fin de semana a I Xuntanza de Centros Galegos do Levante, no que tomaron parte socias e socios das entidades homólogas de Valencia, Alacante, e Murcia, ademais da anfitrioa, e que tivo lugar na sede social desta última.

O encontro serviu, segundo os organizadores, para “debullar proxectos e consolidar amizades” entre as e os integrantes das comunidades galegas presentes en ambas Comunidades Autónomas. Houbo asemade actuacións musicais, e rematou cun xantar de confraternidade aberto a toda a diáspora galega no oriente español.

Por parte de Emigración da Xunta, a iniciativa contou coa participación do subdirector xeral de Coordinación, Contratación e Xestión Orzamentaria, Manuel Díaz, en representación do secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda, presente nese momento nunha celebración similar en Andorra.

Presenza galega e sociedade de adopción
Segundo os datos do INE referidos a 2011 –últimos definitivos publicados-, a colonia de persoas nacidas en Galicia e arestora residentes na actualidade na Comunidade Valenciana ascende a 18.600 persoas, e algo máis de 4.000 no caso da Rexión de Murcia. Pola súa parte, os catro centros galegos presentes nestas comunidades, e que participaron na iniciativa desta fin de semana, suman algo máis de medio millar de socias e socios.
 

1034 lecturas