O Centro Galego de LLeida celebrou a súa tradicional "calçotada"
Os "calçots" son un tipo de cebola, típico da gastronomía catalana, que adoitan consumirse a finais do inverno en xuntanzas.
Os "calçots" son un tipo de cebola, típico da gastronomía catalana, que adoitan consumirse a finais do inverno en xuntanzas.
Os "calçots" son un tipo de cebola, típico da gastronomía catalana, que adoitan consumirse a finais do inverno en xuntanzas.
O pasado Domingo 18 de marzo, na Ermida de Grenyana, esta asociación cultural galega celebrou a tradicional calçotada, que deu comezo ás 8:00 h. e finalizou ás 18:00 h.
A xornada foi moi completa, e as persoas asistentes ademais estiveron acompañadas polo Alcalde de Lleida, D. Ángel Ros i Domingo e tamén polas e os concelleiros Dolors Arderiu Sabaté, Rafael Peris Martín, D. Jesús Castillo Cervelló, Mª. José Hocajadas Bell-lloch, Juan Ramón Zaballos Rubio e, D. Xema Solé Solà e o Presidente da Federación de Casas e Centros Rexionais de Lleida, D. Cosme García i Mir.
Ás 11:00 horas na Ermida oficiouse a Santa Misa, cantada pola Coral Cengallei da entidade, dirixida por Rosa González Mahía, que, como sempre, tivo unha brillante actuación.
Ás 14:00 horas comezou a degustación dos ricos manxares, empezando polos "calçots" cunha saborosa salsa (de receita secreta). O evento continuou cun segundo prato de "monchetas", longaínza e "chuletiñas" de cordeiro, regados cun bo viño do Ribeiro e finalizouse coa sobremesa a base de tortas, pasteis e froita, sen faltar os licores e unha extraordinaria queimada.
Durante toda a xornada houbo xogos das "Vitlles", gañando destacadamente o mozo Marc Rodríguez Prim. Cabe resaltar que a organización foi perfecta, obtendo o xefe de cociña José Domínguez -e o seu equipo de axudantes- as sinceras felicitacións de todos e todas as asistentas.
Novas relacionadas



