A obra «Galiza en Suíza» recolle os 50 anos da emigración galega no país helvético

Actualmente máis de 40.000 galegos residen en Suíza, o que supón o 60% do total de españois presentes no país.

Listen to this page using ReadSpeaker
14 de setembro de 2010.

Hai máis de 50 anos moitos galegos decidiron migrar a Suíza. Como foi a súa chegada, como era a vida dos galegos nacidos e criados no país helvético e outros asuntos relacionados coa súa emigración, son os temas centrais que desenvolve a obra Galiza en Suíza. 50 anos de presenza galega na Suíza?.

Con textos en galego, alemán e francés, o libro recolle en máis de cen imaxes a emigración dos galegos que van dende a firma do tratado de inmigración entre o Estado español e a Confederación Helvética en 1960 ata os nosos días.

Ademais, fai un repaso aos programas de raio da colectividade en Suíza, pasando por entrevistas a galegos que participan no mundo sindical suízo e os galegos nacidos e criados no país helvético.

O libro conta coa colaboración de Luís Manuel Calvo, profesor de Historia da Universidade de Zürich, a lectora de alemán da Universidade de Santiago de Compostela Elisabeth Graf, a antropóloga social Marianne Helfer e Xurxo Martínez Crespo, de CIG-Migración A Coruña.

2347 lecturas