Suíza foi o segundo país do que máis galegos retornaron en 2023, o 84% en idade de traballar
A subdirectora de Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer, destacou na Universidade de Suíza o papel das entidades galegas como vínculo permanente entre Galicia e a súa diáspora.
A responsable da Xunta salientou que máis de 40.000 galegos regresaron dende 2018 ao abeiro da Estratexia Galicia Retorna, dos cales unha parte crecente procede de Suíza. En 2023 un total de 983.
Suíza foi o segundo país do que máis galegos retornaron en 2023, o 84% en idade de traballar
Suíza foi o segundo país do que máis galegos retornaron en 2023, o 84% en idade de traballar
Suíza foi o segundo país do que máis galegos retornaron en 2023, o 84% en idade de traballar
Suíza foi o segundo país do que máis galegos retornaron en 2023, o 84% en idade de traballar
Suíza foi o segundo país do que máis galegos retornaron en 2023, o 84% en idade de traballar
Suíza foi o segundo país do que máis galegos retornaron en 2023, o 84% en idade de traballar
A subdirectora de Comunidades Galegas da Secretaría Xeral da Emigración, Isabel Martínez Pellicer, participou hoxe nun acto celebrado na Universidade de Suíza no que destacou a histórica relación entre Galicia e a colectividade galega asentada neste país, así como o impacto das políticas autonómicas de retorno, que converteron a Galicia nun referente en España e Europa.
Durante a súa intervención, a representante da Xunta subliñou que Suíza foi en 2023 o segundo país do que máis galegos retornaron (983), só por detrás de Cuba, e que a maioría destas persoas (mais do 84%) tiñan entre 18 e 64 anos, o que reflicte o papel esencial do retorno para o reforzo da poboación activa e cualificada de Galicia. “Falamos de galegos con experiencia internacional, formación e capacidade emprendedora, que atopan na súa terra oportunidades reais para desenvolver o seu proxecto vital”, explicou.
A subdirectora lembrou tamén que o vínculo entre Galicia e Suíza segue a ser moi activo grazas ás entidades galegas presentes nas principais cidades helvéticas, que manteñen viva a identidade e as tradicións galegas. “As asociacións foron o fío condutor que permitiu que Galicia nunca deixase de latir en Suíza”, afirmou, agradecendo o labor das directivas e dos socios que continúan a transmitir a cultura galega ás novas xeracións.
No ámbito das políticas públicas, sinalou que máis de 40.000 galegos regresaron dende 2018 grazas á Estratexia Galicia Retorna, que conta con máis de 100 medidas e un investimento total de 450 millóns de euros ata 2026. No caso concreto de Suíza, destacou que preto de medio millón de euros foron destinados nos últimos anos a apoiar o emprendemento e a integración das familias retornadas, ademais de bolsas e programas formativos que facilitan a incorporación da mocidade galega ao sistema universitario e laboral de Galicia.
A representante do Goberno galego rematou sinalando que Galicia “segue a ser terra de emigración, pero tamén de retorno e de acollida”, e que o obxectivo da Xunta é continuar a fortalecer a colaboración coas comunidades galegas en Suíza para transformar o vínculo histórico en novas oportunidades de futuro compartido.
Novas relacionadas



