O XIII Consello de Comunidades Galegas renova a súa comisión delegada coa entrada de cinco novas entidades
O XIII Consello de Comunidades Galegas renovou no día de onte, coa votación das entidades galegas do exterior, das e dos membros do plenario por cada área xeográfica, a súa Comisión Delegada que contará con 13 membros dos que cinco estréasen no cargo.
Trátase do Centro Gallego de Marsella na área de Europa, África e Asia; do Centro Galego ENBurgos, a Asociación de Casas de Galicia de Barcelona e provincia, e do Lar Gallego de Pamplona na área de España e da Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión na de América e Oceanía. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou a importancia da aportación de tódolos centros galegos nesta nova etapa, que permitirá traballar man a man coa administración galega a prol dos galegos e galegas do exterior durante os próximos anos.
A nova Comisión Delegada quedou conformada coas seguintes entidades:
ÁREA DE ESPAÑA:
| ENTIDADE | CC.AA. |
|---|---|
| ASOC. DE CASAS DE GALICIA DE BARCELONA E PROVINCIA | CATALUÑA |
| LAR GALLEGO DE PAMPLONA-CASA DE GALICIA EN NAVARRA | NAVARRA |
| LAR GALLEGO DE SEVILLA | ANDALUCÍA |
| CENTRO GALEGO EN BURGOS | CASTELA E LEÓN |
ÁREA DE EUROPA, ÁFRICA E ASIA:
| ENTIDADE | PAÍS |
|---|---|
| CENTRO CULTURAL GALLEGO DE CUXHAVEN e.V. | ALEMAÑA |
| ASOC. "A XEITOSIÑAS" GRUPO DE BAILE E BANDA DE GAITAS DE ZÜRICH | SUÍZA |
| CENTRO GALLEGO DE MARSELLA | FRANCIA |
| XUVENTUDE DE GALICIA-CENTRO GALICIA DE LISBOA | PORTUGAL |
ÁREA DE AMÉRICA E OCEANÍA:
| ENTIDADE | PAÍS |
|---|---|
| ASOC. BENÉFICA CULTURAL DEL PARTIDO DE CORCUBIÓN | ARXENTINA |
| ASOC. CULTURAL HISPANO-GALLEGA CABALLEROS DE SANTIAGO | BRASIL |
| CENTRO SOCIAL, CULTURAL Y DEPORTIVO DE BOLOS DE VALLE MIÑOR | URUGUAI |
| SOCIEDAD CULTURAL ROSALÍA DE CASTRO | CUBA |
Novas relacionadas




