A Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas reunirase en Santiago de Compostela o vindeiro 12 de Agosto

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2010.

O secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba Bouzas, será o encargado da apertura das sesións de traballo da reunión anual da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas que neste ano, con motivo da celebración do Xacobeo, se vai xuntar en Santiago de Compostela o próximo 12 de agosto.

Dentro da orde do día, Santiago Camba presentará un informe das actividades do departamento que dirixe, levadas a cabo durante o ano 2010. Por outra banda, presentaranse os informes sobre a reforma da Leis da Galeguidade e do Retorno así como da proposta do Plan Estratéxico de Emigración 2010-2013.

O venres 13 de agosto, os membros da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas incorporaranse aos actos organizados na capital galega con motivo do “V día da Galicia Exterior”.
A Comisión Delegada funciona como órgano permanente do Pleno do Consello de Comunidades Galegas  e reúnese anualmente. Está composta por dezaseis membros: dous polo seu cargo, dous  permanentes e doce electos .

A última reunión do Pleno do Consello de Comunidades Galegas tivo lugar en Montevideo o pasado mes de decembro.

Entre as competencias da Comisión Delegada figuran as de preparar as sesións do Pleno, someter á aprobación do presidente os asuntos que os membros consideren deben figurar na orde do día, elaborar una memoria anual e executar as competencias que delegue nela o Pleno.

Relación de membros  para o período 2009 – 2012:
Membros polo seu cargo:
-Presidente da Xunta de Galicia
-Secretario Xeral da Emigración.

Membros permanentes:
-Centro Gallego de Buenos Aires (Arxentina).
-O Casa de Galicia de Montevideo (Uruguai).

Membros electos:
Área de España:
-Agrupación Cultural Galega Saudade de Barcelona.
-Casa de Galicia de Valladolid
-Casa de Galicia Elgoibar
-Lar Gallego de Sevilla

Área de Europa:
-Centro Gallego de Hannover e V.
-A Nosa Galiza de Xenebra
-Centro Gallego de Londres
-O Lar Gallego de Rótterdam

Área de América-Oceanía:
-Hermandad Gallega de Venezuela
-Centro Gallego de Montevideo
-Centro Galicia de Buenos Aires.
-Sociedad Viveiro y su Comarca de La Habana.

2123 lecturas