A Xunta celebrará o 11 e o 12 novembro no Brasil o XIV pleno do Consello de Comunidades Galegas

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu hoxe de maneira telemática a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, na que se fixo o anuncio.

Trátase do órgano de representación permanente da colectividade galega que reside fóra da Comunidade, conformado por doce entidades electas (catro doutras CCAA, catro de Europa, catro de América e do resto do mundo e un membro nato.

A Xunta celebrará o 11 e o 12 novembro no Brasil o XIV pleno do Consello de Comunidades Galegas
A Xunta celebrará o 11 e o 12 novembro no Brasil o XIV pleno do Consello de Comunidades Galegas
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 7 de maio de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado pola subdirectora de Relacións coas Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer, presidiu hoxe de maneira telemática a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, durante a que anunciou as datas e o lugar onde se celebrará este ano este encontro que reunirá máis dun cento de representantes de entidades galegas de todo o mundo. En concreto, Río de Janeiro é o lugar elixido para a celebración do pleno do XIV Consello de Comunidades Galega que se desenvolverá o 11 e o 12 de novembro. 

Deste xeito, máis dun cento de representantes de entidades galegas espalladas por todo o mundo reuniranse para analizar a situación da colectividade galega do exterior e as súas necesidades, así como o papel da Xunta no apoio a estes centros para a promoción da cultura e lingua galega no mundo. A cita, que se celebra cada tres anos desde hai máis de tres décadas, tivo como enclaves anteriores Cuba, Galicia, A Arxentina e O Uruguai.

Rodríguez Miranda trasladou tamén aos membros da Comisión Delegada a memoria de actividades do ano pasado e asegurou que se manterá o apoio ás comunidades galegas para o seu funcionamento cotián, o desenvolvemento das actividades culturais e para coidar as súas infraestruturas e adquirir equipamentos, consolidándose os programas dirixidos aos galegos e galegas do exterior para facilitar o contacto con Galicia e o reencontro cos seus familiares, como poden ser as Escolas Abertas ou Conecta e Reencontros.

A Comisión Delegada

A Comisión Delegada é o órgano de representación permanente da colectividade galega que reside fóra da Comunidade. Está conformado por doce entidades electas, catro representando os galegos que residen nas comunidades autónomas españolas, outras catro que representan a Europa e catro máis en representación dos galegos de América e do resto do mundo. A estas hai que engadir as entidades que teñen o carácter de membros natos por contar con máis de 20.000 persoas asociadas, neste caso, a Hermandad Gallega de Venezuela.

Cómpre sinalar que os doce membros restantes son: Asociación Casas de Galicia de Barcelona e provincia, Centro Galego en Burgos, Lar Gallego de Pamplona - Casa de Galicia en Navarra, Xuventude de Galicia, Centro Galego de Lisboa, Centro Cultural Gallego de Cuxhaven e.V., Centro Gallego de Marsella, Asociación Cultural ASC - "As-Xeitosiñas" Grupo de Baile e Banda de Gaitas de Zurich, Centro Social Cultural y Deportivo de Bolos Valle Miñor, Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión, Asociación Cultural Hispano-Gallega Caballeros de Santiago e Sociedad Cultural Rosalía de Castro.

124 lecturas