O XI Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos celebrarase en Bos Aires do 6 ao 8 de abril
As persoas que o desexen poderán participar -previa inscrición e sen custo algún- como ouvintes nas sesións do Congreso.
Encóntrase aberta a inscrición para participar como oíntes nas sesións do XIº Congreso Internacional de Estudos Galegos, que terá lugar entre o 6 e o 8 de abril deste ano na cidade de Bos Aires.
Dada a capacidade limitada dos espazos onde se desenvolverán as sesións, as persoas interesadas en asistir ás disertacións que -a propósito de múltiples aspectos da realidade Galicia- brindarán ducias de expertas e expertos chegados de diversos países, deberán anotarse o antes posible (sen custo ningún) enviando un correo electrónico a camposdebora@gmail.com. No asunto deste deberá figurar "Ouvinte no Congreso", e o texto do correo-e incluír o nome e apelido da persoa ou persoas interesadas. As persoas que se inscriban recibirán o programa xeral do congreso cos horarios de cada actividade académica co fin de facilitar a elección ao momento de participar.
Novas relacionadas