Miranda asiste ao acto inaugural do XIX Congreso Internacional da Asociación Española de Americanistas "Os Camiños de América"
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu ao acto inaugural do XIX Congreso Internacional da Asociación Española de Americanistas "Os Camiños de América" que se está a desenvolver estes días en Santiago de Compostela e que ten como obxectivo falar da América e a identidade de Galicia e que correu a cargo dos profesores Ramón Villares e Fernando Devoto.
O Congreso, no que participan 400 expertas e expertos de 28 países diferentes, está composto por un total de 35 simposios temáticos, dos que destacan os relacionados co ámbito da emigración, dada a relación entre Galicia e América ao longo do tempo neste senso, que comprenden diferentes aspectos coma os fluxos migratorios, a prensa da emigración, as sociedades mutales e benéficas ou o propio retorno das migracións ibéricas a América latina. Tamén formularase unha sección dedicada aos Santiagos de América que foron fundados ao longo de toda a xeografía continental, deixando pegada non só na toponimia, senón tamén na arte e nos diferentes aspectos da cultura americana.
Novas relacionadas