Emigración invita a gozar das actuacións musicais realizadas durante o VI Día da Galicia Exterior a través dun vídeo recompilatorio
Día da Galicia Exterior 2022
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2022.
A Secretaría Xeral da Emigración publica un vídeo que recolle as diferentes actuacións de baile e música galegas das 30 agrupacións culturais dos centros galegos do exterior que percorreron as distintas prazas do casco histórico de Santiago de Compostela co gallo da celebración do VI Día da Galicia Exterior.
O sábado pasado, 9 de xullo, máis dun milleiro de galegas e galegos do exterior, membros ou socios e socias das entidades galegas de todo o mundo, celebraron o VI Día da Galicia Exterior en Santiago de Compostela, unha xornada de confraternidade para celebrar cos galegos e galegas da terra o Ano Santo Xacobeo.
Novas relacionadas