O Xacobeo dase a coñecer a través dos traballadores e traballadoras do restaurante do Centro Galego de Madrid

Imaxe co material do Xacobeo 21-22
Imaxe co material do Xacobeo 21-22
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2021.

As traballadoras e traballadores do restaurante do Centro Galego de Madrid xa utilizan o material para a promoción do Camiño de Santiago que lle foi enviado pola Secretaría Xeral da Emigración co logo do Xacobeo 21-22.

Este envío, que se está realizando ás entidades galegas do exterior, permite dotar de material de traballo a estes centros de restauración pero tamén promocionar o Camiño de Santiago ante estes dous anos de Xacobeo nos que nos atopamos. Entre outro material, enviáronse gorros de cociña, mandís e camisetas co logo do Xacobeo.

629 lecturas