Emigración distribúe entre os traballadores e traballadoras do restaurante do Centro Galego de Burgos material para a promoción do Xacobeo 21-22
Santiago de Compostela, 16 de agosto de 2021.
A Secretaría Xeral da Emigración continúa a distribuír material de traballo co logo do Xacobeo 21-22 entre os centros galegos do mundo co obxectivo de promocionar o Camiño de Santiago. Neste caso, son as traballadoras e traballadores do restaurante co que conta o Centro Galego de Burgos os que xa contan con esta indumentaria.
Este envío permite dotar de material de traballo a estes centros de restauración pero tamén promocionar o Camiño de Santiago ante estes dous anos de Xacobeo nos que nos atopamos. Entre outro material, enviáronse gorros de cociña, mandís e camisetas co logo do Xacobeo.
Novas relacionadas