O restaurante do Centro Galego de Santa Cruz de Tenerife xa está a usar o material de restauración enviado por Emigración co logo do Xacobeo 21-22

Imaxe do restaurante do Centro Galego de Sta. Cruz de Tenerife
Imaxe do restaurante do Centro Galego de Sta. Cruz de Tenerife
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2021.

O restaurante co que conta o Centro Galego de Santa Cruz de Tenerife xa conta co material de traballo co logo do Xacobeo 21-22 que a Secretaría Xeral da Emigración enviou ás diferentes entidades galegas do exterior.

Este envío permite dotar de material de traballo a estes centros de restauración pero tamén promocionar o Camiño de Santiago ante estes dous anos de Xacobeo nos que nos atopamos. Entre outro material, enviáronse gorros de cociña, mandís e camisetas co logo do Xacobeo.

478 lecturas