O restaurante do Centro Galego de Barcelona xa está a usar o material de restauración enviado por Emigración co logo do Xacobeo 21-22
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2021.
O restaurante co que conta o Centro Galego de Barcelona xa conta co material de traballo co logo do Xacobeo 21-22 que a Secretaría Xeral da Emigración enviou ás diferentes entidades galegas do exterior.
Este envío permite dotar de material de traballo a estes centros de restauración pero tamén promocionar o Camiño de Santiago ante estes dous anos de Xacobeo nos que nos atopamos. Entre outro material, enviáronse gorros de cociña, mandís e camisetas co logo do Xacobeo.
Novas relacionadas