O subdirector xeral do Retorno e da Inmigración participa na clausura da "Semana Grande de África".

O subdirector xeral do Retorno e da Inmigración, Antonio Aguarón Turrientes, participou a tarde do pasado sábado en Vigo no acto de clausura da Semana Grande de África, que este ano cumpriu a súa novena edición.

Unha xornada, a do sábado, bautizada como "Kariburi", e que se centrou na gastronomía africana.

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2010.

A Semana Grande de África, organizada pola Asociación Aida (Asociación para a Integración e Desenvolvemento do Africano) clausurouse o día 30 de outubro, logo de tres días de celebración. Así, o día 28 inaugurouse unha exposición de indumentaria africana; o 29 presentouse o libro Un ensayo sobre la violencia (en las fronteras de lo humano), de Eloy Cuadra Pedrini e o sábado finalizou a Semana Grande de África 2010 coa xornada dedicada á gastronomía.

Durante a súa intervención, o subdirector xeral do Retorno e da Inmigración, Antonio Aguarón Turrientes, animou aos organizadores a continuar con actuacións como a que hoxe foi clausurada, tendentes non só a dar a coñecer outras culturas, senón a potenciar a convivencia intercultural entre todos os habitantes da nosa comunidade, ao tempo que mostrou o compromiso da Secretaría Xeral da Emigración de traballar neste obxectivo.

1971 lecturas