A Secretaria Xeral da Emigración aposta pola formación de profesionais en mediación intercultural

O II máster en migracións internacionais analízase na súa sesión de apertura como elemento clave para para acordar obxectivos e desenvolver programas e actuacións coherentes no eido dos fluxos migratorios.

O subdirector xeral do Retorno e da Inmigración apelou a unha convivencia intercultural no xurdimento de novas demandas e necesidades sociais relacionadas coa xestión dos procesos migratorios e dos colectivos migrantes.

Daí o potenciar unha formación continuada nesta materia e a creación, por parte da Secretaría Xeral da Emigración, dun servicio de mediación intercultural antes de que finalice o ano.

Entre os obxectivos que presenta o máster destaca a definición e o alcance das políticas e padróns migratorios ou cómo comprender as claves que facilitan e dificultan a comunicación e mediación intercultural e capacitación dos axentes especializados.

Listen to this page using ReadSpeaker

O subdirector xeral do Retorno e da Inmigración, Antonio Aguarón Turrientes- da Secretaría Xeral da Emigración- vén de inaugurar a II edición do máster oficial universitario en migracións internacionais- MOMI-.

No transcurso da súa intervención, Aguarón, aludiu á importancia da “formación de profesionais de alto nivel no ámbito das migracións internacionais e da mediación intercultural, que contribuirán a favorecer unha convivencia harmónica e intercultural no xurdimento de novas demandas e necesidades sociais relacionadas coa xestión dos procesos migratorios e dos colectivos migrantes”.

Así mesmo, expresou a iniciativa que neste sentido vai levar a cabo a Secretaría Xeral da Emigración coa creación dun servicio de mediación intercultural antes de que finalice o ano, co que se potenciarán os programas conducentes a facilitar un asesoramento e orientación continuada na materia a tódalas administracións públicas i entidades sociais de Galicia que traballan no sector.

A finalidade do máster en migracións internacionais: investigación, políticas migratorias e mediación intercultural é a formación de profesionais de alto nivel no ámbito das migracións e da mediación intercultural.

Na actualidade, o incremento da inmigración, así como a importancia dos fluxos migratorios en Galicia representan un dos fenómenos socioeconómicos, con perfís específicos, que precisan de especial atención por parte de profesionais formados neste ámbito concreto, como elemento clave para acordar obxectivos e desenvolver programas e actuacións coherentes.

Na sesión de apertura do máster tamén estiveron presentes o decano da Facultade de Socioloxía da UDC, Jose Luís Veira Veira, a concelleira de Servizos Sociais do Concello de A Coruña, Silvia Longueira, e o coordinador do máster, José Antonio Fernández de Rota.

Obxectivos académicos
Entre os obxectivos que presenta o máster destaca a identificación dos fundamentos e tendencias dos movementos migratorios, a definición e o alcance das políticas e padróns migratorios ou a xestión de políticas públicas relacionadas cos procesos de integración da poboación inmigrante e a súa realización efectiva; ou cómo comprender as claves que facilitan e dificultan a comunicación e mediación intercultural e capacitación destes axentes.

2319 lecturas