O secretario xeral da Emigración reuniuse co director da UNED de Ourense para explorar mecanismos que faciliten a incorporación educativa e laboral das e dos galegos retornados

O secretario xeral da Emigración e o director do Centro Asociado da UNED en Ourense, durante a reunión
O secretario xeral da Emigración e o director do Centro Asociado da UNED en Ourense, durante a reunión
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co director do Centro Asociado da UNED de Ourense, Jesús Manuel García, e co director da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación desta Universidade, Sixto Jansa Anadón, co obxectivo de explorar os distintos mecanismos que ofrece esta universidade para a incorporación das galegas e os galegos retornados ao sistema educativo, así como os procedementos para a homologación e validación de títulos e estudos, de cara a facilitar que as e os galegos retornados poidan continuar os seus estudos ou incorporarse dun xeito áxil ao mercado laboral. 

Durante a reunión, analizáronse as distintas problemáticas da materia e sentáronse as bases para o comezo dun traballo conxunto que permita aos retornados e retornadas dispor dun medio que recolla a información de tódalas opcións que ofrece este centro para a súa incorporación ao sistema universitario e tamén para a validación de estudos, facendo fincapé naqueles que permiten facelo xa dende o estranxeiro, o que facilita a súa incorporación ao mercado laboral galego no momento da súa chegada. 

A Secretaría Xeral da Emigración segue a liña marcada pola Estratexia Galicia Retorna, traballando de maneira continua en novas medidas dirixidas aos galegos e galegas do exterior, para facilitar e fomentar o seu retorno a Galicia como un destino profesional de calidade e captador de talento. 

975 lecturas