Miranda destaca o labor realizado polas entidades galegas en Cataluña durante o 2022 que culminaron cun gran acto conxunto no Liceu de Barcelona
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu nas últimas horas ao presidente de Xuntanza de Asociacións Galegas en Catalunya, Xosé Carlos García González, acompañado dos vicepresidentes desta asociación Manuel Prados e Oliver Fernández. Durante a reunión, o secretario agradeceu o labor realizado polas entidades galegas en Cataluña na promoción da cultura galega que rematou cun gran acto conxunto no Liceu de Barcelona no que estivo presente o presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela.
Nesta reunión, analizáronse as actividades que as asociacións que conforman Xuntanza van realizar ao longo deste ano co fin de promocionar Galicia e o galego en Cataluña. Xuntanza de Asociacións Galega en Catalunya está conformada pola asociación Amigos de San Froilán, polo centro Rosalía de Castro de Cornellá, pola Casa Galega de L´Hospitalet e por Agarimos de Badalona. Conta con 1.986 socias e socios e ten recoñecida a condición de Comunidade Galega. Entre outras iniciativas, celebran o Día das Letras Galegas, unha mostra de teatro galego, o Día da Dona en Cornellá de Rosalía de Castro, ou convivencias de mocidade.
Novas relacionadas