O secretario xeral da Emigración reúnese coa Conselleira de Traballo, Migracións e Seguridade Social para buscar accións complementarias na atención aos galegos en Cuba
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un primeiro encontro coa Conselleira de Traballo, Migracións e Seguridade Social, Consolación Rodríguez Álvarez, no que abordaron a necesaria coordinación entre a Xunta de Galicia e o Estado Español no ámbito da atención aos galegos maiores residentes no exterior. Durante a reunión, exploraron vías de colaboración que permitan reforzar o apoio a este colectivo, especialmente no acceso a axudas sociaIs e programas de axuda que melloren a súa calidade de vida.
Ambos responsables destacaron a importancia de coordinar esforzos para garantir unha atención máis eficaz e adaptada ás necesidades da diáspora galega, promovendo unha acción complementaria que reforce os recursos dispoñibles. O secretario xeral reiterou o compromiso da Xunta de Galicia de seguir traballando para mellorar as condicións.
Novas relacionadas




