Miranda reafirma o compromiso da Xunta cos galegos do exterior e fai balance do intenso traballo na reunión cos presidentes das entidades galegas en Cuba

Unha reunión clave para fortalecer os mecanismos de traballo conxunto para seguir a ofrecer apoio aos galegos e galegas en Cuba a través dos diversos programas e axudas da Xunta de Galicia.

Tamén se fixo entrega dos diplomas dos programas de Reencontros e Conectas con Galicia.

  • Miranda reafirma o compromiso da Xunta cos galegos do exterior e fai balance do intenso traballo na reunión cos presidentes das entidades galegas en Cuba
    Miranda reafirma o compromiso da Xunta cos galegos do exterior e fai balance do intenso traballo na reunión cos presidentes das entidades galegas en Cuba
  • Miranda reafirma o compromiso da Xunta cos galegos do exterior e fai balance do intenso traballo na reunión cos presidentes das entidades galegas en Cuba
    Miranda reafirma o compromiso da Xunta cos galegos do exterior e fai balance do intenso traballo na reunión cos presidentes das entidades galegas en Cuba
  • Miranda reafirma o compromiso da Xunta cos galegos do exterior e fai balance do intenso traballo na reunión cos presidentes das entidades galegas en Cuba
    Miranda reafirma o compromiso da Xunta cos galegos do exterior e fai balance do intenso traballo na reunión cos presidentes das entidades galegas en Cuba
  • Miranda reafirma o compromiso da Xunta cos galegos do exterior e fai balance do intenso traballo na reunión cos presidentes das entidades galegas en Cuba
    Miranda reafirma o compromiso da Xunta cos galegos do exterior e fai balance do intenso traballo na reunión cos presidentes das entidades galegas en Cuba
Listen to this page using ReadSpeaker
A Habana (Cuba), 26 de febreiro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse cos presidentes das diversas entidades galegas en Cuba, onde reafirmou unha vez máis o firme apoio da Xunta de Galicia á comunidade galega residente neste país e fixo balance do intenso ano de traballo na reunión cos presidentes e presidentas das entidades en Cuba.

A reunión serviu como plataforma para reforzar os mecanismos de traballo que unen a Galicia coa colectividade en Cuba, destacando a importancia da preservación da identidade galega alén do mar. O secretario enfatizou o compromiso da Xunta de seguir proporcionando apoio e asistencia a través dos seus diversos programas e axudas, deseñados especificamente para atender ás necesidades dos galegos do exterior.

Entre os temas abordados, destacaron programas de apoio cultural, educativo, social e económico, que son fundamentais para manter viva a esencia galega en terras cubanas e mellorar a súa calidade de vida.

Esta reunión é importante no fortalecemento das relacións entre Galicia e a súa diáspora en Cuba, reafirmando o compromiso da Xunta de traballar de maneira conxunta coas entidades galegas no exterior para garantir o benestar e o desenvolvemento da comunidade galega a nivel global.

366 lecturas